Player_logo Podcasts Community Create a Podcast
A fume de carozo 13-4-2010
April 19, 2010 10:34 AM PDT

Este foi o vixésimo quinto programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 13 de abril de 2010. Está promovido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
As presentadoras foron Nerea Novo, Laura Martínez e Andrea Lara de 2º ESO. O programa tratou sobre o Día do Libro, o Premio Literario "Frei Martín Sarmiento" e os novos escritores. Entrevistamos por teléfono ao escritor Francisco Castro e á nova poetisa Lucía Novas.

A fume de carozo 6-4-2010
April 06, 2010 02:38 PM PDT

Este foi o vixésimo cuarto programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 6 de abril de 2010. Está promovido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Os presentadores foron David Fontán e Gonzalo Belmonte de 2º Bacharelato. O programa foi a segunda parte do monográfico dedicado aos Diplomáticos de Monte Alto, iniciado no programa do 12 de xaneiro de 2010.

A fume de carozo 23-3-2010
March 25, 2010 11:15 AM PDT

Este foi o vixésimo terceiro programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 23 de marzo de 2010. Está promovido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Os presentadores foron as alumnas Andrea Rilo, Carla Mariana Fernández e Leticia López, de 2ºESO. O programa tratou sobre diferentes seres mitolóxicos e lendarios do mundo, entre eles os galegos.

A fume de carozo 16-3-2010
March 16, 2010 02:58 PM PDT

Este foi o vixésimo segundo programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 16 de marzo de 2010. Está promovido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Os presentadores foron os ex-alumnos Laura Penedo e Eduardo Poisa. O programa amosou o traballo do Departamento de Pastoral do noso centro.

A fume de carozo 2-3-2010
March 06, 2010 09:34 AM PST

Este foi o vixésimo primeiro programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 2 de marzo de 2010. Está promovido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
O programa estivo dividido en tres partes:
- Na primeira, os alumnos Rubén, Raúl e Diego, de 1ºA ESO, entrevistaron ao xogador do Deportivo Iván Pérez. Temos que pedir desculpas xa que, por problemas técnicos, non se puideron gravar os primeiros minutos do programa.
- Na segunda, Noemí, Sabela e Tamara, de 3ºC ESO, entrevistaron ao seu titor e novo profesor no colexio, Alfonso Pulgar, orixinario de Cantabria pero que xa se expresa moi ben en galego.
- Na terceira, Adriana Freire, alumna en prácticas do Departamento de Orientación, entrevista á nova especialista de Audición e Linguaxe, Almudena Cotelo.

A fume de carozo 23-2-2010
February 24, 2010 06:27 AM PST

Este foi o vixésimo programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 23 de febreiro de 2010. Está promovido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Os presentadores foron Bruno Ouviña, Antonio Ventura, María Lista, Nerea Fernández e Javier Tejada, de 4º ESO. O programa foi un monográfico sobre Álvaro Cunqueiro.

A fume de carozo 9-2-2010
February 11, 2010 08:41 AM PST

Este foi o décimonoveno programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 9 de febreiro de 2010. Está promovido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Os presentadores foron Eva, María, Ángela, Miguel, Juan e Daniel, de 5º de Primaria. O programa foi un monográfico sobre o Entroido.

A fume de carozo 2-2-2010
February 03, 2010 01:26 PM PST

Este foi o décimooitavo programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 2 de febreiro de 2010. Está promovido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Os presentadores foron Rubén, Óscar, Diego e Raúl, de 1ºA ESO. O programa foi un monográfico sobre a escritora Teresa Moure.

A fume de carozo 26-1-2010
January 31, 2010 10:23 AM PST

Este foi o décimosétimo programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 26 de xaneiro de 2010. Está promovido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Tratáronse dous temas diferentes:
1. Na primeira parte, tres alumnas do Departamento de Orientación (Tamara Montero, Noemí Rodríguez e Sabela Rodríguez) entrevistaron a unha profesora que forma parte dese departamento (Mónica Santiso) e a unha ex-alumna que agora está facendo as prácticas no noso centro e concretamente nese departamento (Rocío Novo).
2. Na segunda parte, o coordinador do Departamento de Acción Social, o profesor David García Anta, entrevistou por teléfono ao alumno voluntario Azael Cordero, e despois entrevistou a Víctor Veira, cooperante en Perú, que estaba presente no estudio.